Empresa

Desenvolvemos e fabricamos estruturas metálicas

En Talleres Metálicos Nespereira, dedicámonos con paixón e experiencia ao deseño e fabricación de solucións en estruturas metálicas. Cunha traxectoria sólida no sector, consolidamos o noso compromiso coa excelencia, a innovación e a satisfacción do cliente.

A nosa historia remóntase a 2001, cando un equipo de profesionais cunha visión común uniuse para ofrecer solucións metálicas de calidade superior. Desde entón, crecemos e evolucionamos, converténdonos nun referente no sector grazas á combinación de experiencia e tecnoloxía de vangarda.

En cada proxecto, xa sexa no ámbito da construción, a industria ou a arquitectura, esforzámonos por superar as expectativas. Ofrecendo solucións a medida, garantindo resultados duradeiros e de calidade.

Convidámosche a coñecer máis sobre nós e a descubrir como nosas solucións en estruturas metálicas poden satisfacer as túas necesidades con calidade, innovación e compromiso.

¿Por qué contar con NESPEREIRA?

A calidade e seguridade son piares fundamentais no noso traballo. Utilizamos materiais de primeira calidade e seguimos rigorosos estándares en cada fase do proceso, desde o deseño ata a instalación. Ademais, nos enorgullecemos da nosa capacidade para afrontar desafíos complexos e atopar solucións innovadoras que satisfagan as demandas específicas de cada proxecto.

Estamos comprometidos co crecemento sostible, a mellora continua e o impulso da industria cara a un futuro máis sólido e prometedor.

Talleres Metálicos Nespereira foi galardonada co Premio Gacela en los Premios Ardán 2024. Un recoñecemento que destaca o noso rápido crecemento e a innovación constante no sector metalúrxico. Este premio é unha proba do noso esforzo, compromiso e dedicación por dar servizos da máis alta calidade. Grazas os nosos clientes, colaboradores e a todos os que han confiado en nos!!